Variables Sinxelas

O minimísimo que debemos saber de variables é que poden ser numéricas ou de caracteres alfanuméricos. O meu nome e apelidos irá nunha cadea de caracteres e os cartos que teño no peto será unha variable numérica.

Xa traballamos en Linux con elas. Tócanos agora traducir o que aprendimos para facer scripts en batch. Aquí para aprender máis.

O meu traballo:

  • Como asignábamos variables en bash?
  • Como se fai na liña de comandos en Windows?
Pista: para que se usa o comando set?
  • Como se mostran as variables en bash? e en batch?
Pista: lío con $euquesei  %vaitisaber%
  • Se quero preguntar o nome do usuario e darlle os bos días. Como se fai neses dous sistemas?
Pista: por unha banda read e por outra set /p
  • Inventa dúas variables numéricas e mostra na pantalla a suma. Explica na túa libreta o código e as diferencias en bash e batch. Para aprender a sumar nas consolas artigo seguinte)

1 Para asignar variables en bash temos que poñer a palabra máis un igual co valor que lle queiramos dar.

Por exemplo: laranxas= 5

2  Para asignar variables en windows empregamos o comando set máis o nome da variable, despois poñemos un igual e poñemos o valor que lle queiramos dar:

Por exemplo: set mazás= 100

3 Para mostrar as variables en bash temos que poñer echo $ “o nome da variable”.

Por exemplo: echo  $laranxas

4 Para mostrar as variables en batch temos que poñer echo % “o nome da variable” %:

Por exemplo: echo  %mazás%

5 Para preguntar o nome do usuario en linux faríase da seguinte forma:

6 Para preguntar o nome do usuario en Windows faríase da seguinte forma:

7 Para poder sumar en Linux primeiro temos que darlle aos nomes uns valores que nós queiramos. Unha vez feito iso temos que poñer echo $ (( palabra1 + palabra2 )):

Por exemplo:

Laranxas=5

Mazás= 5

echo $(( Laranxas + Mazás))

10

8 Para poder sumar en Windows primeiro temos que darlle aos nomes uns valores que nós queiramos. Unha vez feito iso temos que poñer set /a  palabra1 + palabra2:

Por exemplo:

set kiwi= 50

set leituga= 50

set /A kiwi + leituga

100

9 A principal diferenza é no comando. En Linux non se emprega nada e en Windows emprégase set. Tamén hai diferenza na forma de mostrar as variables. En linux echo $ palabra e en windows echo %palabra%.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s