Virtualización

Ben sei que sabedes traballar con máquinas virtuais pero pode que non teñades claro como funciona a cousa. Imos repasar o que sabemos e avanzar un chío. Xa de paso botar unha man a algún interneteiro para aprender a virtualizar.virtualizacion1

O meu traballo:

Consultando por exemplo aquí, responder a:

  1. Que é unha máquina virtual?
  2. Cal é o sistema operativo convidado (guest)?
  3. Cal é a diferencia entre virtualización tipo I e a tipo II?
  4. Cal é o hipervisor que usas na aula? De que tipo é?

Fai na túa libreta electrónica un titorial explicando como instalar en VirtualBox un linux da familia de Debian e outro de RedHat

1 Unha máquina virtual é un ordenador virtual creado dentro dun ordenador físico (na imaxe hai un ordenador físico con varias máquinas virtuais). Ese ordenador virtual ten o seu disco duro (un ficheiro que se garda no disco real), a súa memoria RAM (que a colle [rouba] da memoria física), os seus dispositivos de E/S saída (Dispositivos virtuais que se enlazan cos reais), a súa BIOS (que nada ten que ver coa BIOS do sistema real), o seu sistema operativo (que nada ten que ver co da máquina física e que se instala coma nun ordenador calquera).

2 O sistema operativo convidado (guest) é o sistema operativo que se instala na máquina virtual.

3 Na virtualización tipo I ,ou tamén coñecido como virtualización en modo nativo, pegado ao hardware ou unhosted, instálase o sistema operativo deseñado para a máquina virtual. É a mellor para a virtualización de servidores e son administradas de xeito remoto.

Ten moitos beneficios como maior aproveitamento dos recursos hardware,reduce o consumo eléctrico, facilita a administración dos servidores, mellora a dispoñibilidade do sistema e aforra espazo.

Sen embargo, na virtualización tipo II ,ou tamén coñecido como virtualización en modo hosted ou sobre anfitrión,o anfitrión ou host é un ordenador cun S.O. convencional (GNU/Linux, Windows, MAC OS) sobre o cal se instala un programa de virtualización.

Este tipo é menos eficiente que o tipo I pero pódese seguir usando o computador físico coas demais aplicacións.

En canto aos beneficios,pódense facer probas de instalación e configuración de sistemas, executa aplicacións non compatibles co S.O. instalado e pódese executar servizos visualizados e servizos directamente sobre a máquina física.

4 Na aula empregamos VirtualBox e virtualización de tipo II.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s